As Pontes, 22 de setembro de 2023. Desde a Concellería de Deportes infórmase á veciñanza de que, debido ao recente cambio da empresa que xestiona a piscina municipal así como as escolas deportivas para persoas adultas e o necesario período para o traspaso da xestión da instalación municipal, o prazo de inscrición nas actividades dirixidas abrirase o día 16 de outubro e rematará o 25 de outubro de 2023. As actividades comezarán o día 2 de novembro de 2023.

Desde a Concellería de Deportes informarase, nos próximos días, dos horarios e actividades que formarán parte da oferta de servizos para o curso 2023-2024.

Agradecendo a vosa comprensión e paciencia, animámosvos a participar, un ano máis nas actividade deportivas promovidas desde o Concello das Pontes.