[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]C.B As Pontes| 27 diciembre 2015.

Hoxe comezou o campus de baloncesto que organiza o Club Baloncesto As Pontes en Nadal, que xa vai pola súa sexta edición e que se impartirá durante catro días, ata o día 30.

Nesta edición a dirección técnica do campus corre a cargo de Chiqui Barros, adestrador do Embutidos Pajariel Bembibre PDM, equipo de Liga Feminina, contando coa axuda de Héctor Piñeiro, Director Técnico do C.B. As Pontes e adestrador do seu equipo cadete masculino.
O campus ten como obxectivo a mellora da técnica e táctica individual dos xogadores, organizados
por idades para así poder adaptar a cada grupo a necesidade formativa, ademais de fomentar a
convivencia entre os participantes xa que desde as 10 da mañá ata as 7 da tarde durante os
catro días han de compartir suores e vivencias. Para o campus conta con adestradores de gran nivel que, apoiados polos adestradores do C.B. As Pontes así como convidados que impartirán charlas de interese para a formación dos nenos asistentes, tanto a nivel baloncestístico como persoal. Os invitado serán:
– Alberto Rodríguez Osma, xogador profesional e adestrador superior de baloncesto. Récord en competicións
FEB en rebotes, partidos e puntos. Formado na canteira do Real Madrid, participou
en equipos como o Mocidade Alcalá, O Porto, CAB Madeira, Real Madrid, Plasencia, Badaxoz, Gandía,
Logroño, Calpe, Inelga Vilagarcía e Xuven Cambados.
– Samuel Barros, xogador emerxente, selección galega cadete e junior. Debuta en liga EBA sendo junior
de primeiro ano. Campión de Copa Galicia cadete, junior e EBA. Campión Galego junior. Subcampión de Copa Galicia infantil e junior. Subcampión galego cadete. Participou en tres fases finais de campionato
de España. Adestrador de baloncesto de iniciación e de primeiro nivel.
– Carlos Cortés, árbitro internacional ACB e adestrador de baloncesto. Debutou o 20 de outubro do 2005
cun DKV-Manresa como primeiro coruñés en pitar en ACB e despois foi o primeiro internacional
galego.
– Roberto Carlos Martínez, adestrador de baloncesto. Xefe de canteira do CB Bembibre PDM.
– Fernando Buendía, responsable técnico da FGB na Coruña. Adestrador Superior de baloncesto.
Finalizada a primeira xornada, o mellor é que os nenos se han marchado esgotados, pero desexando que
chegue mañá para volver ao campus para seguir xogando e aprendendo basket.[/fusion_text][fusion_code]PGEgZGF0YS1mbGlja3ItZW1iZWQ9InRydWUiIGRhdGEtaGVhZGVyPSJ0cnVlIiBkYXRhLWZvb3Rlcj0idHJ1ZSIgIGhyZWY9Imh0dHBzOi8vd3d3LmZsaWNrci5jb20vcGhvdG9zL2NvbmNlbGxvZGVhc3BvbnRlcy9hbGJ1bXMvNzIxNTc2NjI4Mzg3ODE1NjYiIHRpdGxlPSJDYW1wdXMgTGFnbyBkZSBBcyBQb250ZXMgTmF2aWRhZCI+PGltZyBzcmM9Imh0dHBzOi8vZmFybTYuc3RhdGljZmxpY2tyLmNvbS81Njg5LzIzMzk5MjU5MzM0Xzk0MDQwY2ZiM2FfYy5qcGciIHdpZHRoPSI4MDAiIGhlaWdodD0iNTM0IiBhbHQ9IkNhbXB1cyBMYWdvIGRlIEFzIFBvbnRlcyBOYXZpZGFkIj48L2E+PHNjcmlwdCBhc3luYyBzcmM9Ii8vZW1iZWRyLmZsaWNrci5jb20vYXNzZXRzL2NsaWVudC1jb2RlLmpzIiBjaGFyc2V0PSJ1dGYtOCI+PC9zY3JpcHQ+[/fusion_code][/fullwidth]