As Pontes, 9 de novembro de 2023. O Concello das Pontes informa de que xa está aberto o prazo para inscribirse na Campaña de Neve 2024, organizada pola Deputación da Coruña, que este ano se levará a cabo na estación Valgrande-Pajares (Asturias)

A campaña está dirixida a rapaces e rapazas, empadroados nas Pontes, con idades
comprendidas entre o 11 e os 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2023), tendo
preferencia a rapazada que non participase en ningunha campaña da neve da
Deputación.  Os nenos/as ponteses/as participarán na segunda quenda, que se desenvolverá entre o 19 e o 22 de xaneiro de 2024.

A cota de inscrición é de 85 euros, que se abonarán posteriormente tras a confirmación das sete prazas dispoñibles para o concello. As persoas interesadas en participar nesta campaña poden inscribirse, ata o día 1 de decembro,  na primeira planta da casa consistorial.

TRIPTICO INFORMATIVO E FICHA DE INSCRICIÓN: VER