[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume|

Comezou xa a campaña de vacinación fronte a gripe. O Centro de Saúde rexistraba hoxe máis actividade, se cabe, da habitual. E é que son moitas as persoas que están chamadas a poñerse esta vacina, para a que hai de prazo ata o día 19 de Decembro para recibila. Tempo máis que suficiente, polo tanto, sen necesidade de acudir os primeiros días de campaña e evitando así as aglomeracións nos centros de saúde.

Forman parte dos grupos de risco e, polo tanto, están chamados a vacinarse as persoas maiores de 60 anos, as menores desa idade pero con patoloxías de risco, as mulleres embarazadas, e os nenos e adolescentes con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico, e profesionais sanitarios e estudantes en prácticas.

Asemade a campaña de vacinación tamén está dirixida a persoas que traballan en institucións pechadas, persoal que proporciona coidados domiciliarios a pacientes de risco, membros da familia e conviventes de persoas incluídas nos grupos de risco e finalmente, persoas que desenvolven traballos esenciais para a Comunidade.

A vacina fronte a gripe adminístrase nos Centros de Saúde. Hai que solicitar cita por teléfono, internet ou no centro de Saúde. Lembren que o prazo da campaña de vacinación fronte á gripe remata o 19 de Decembro.

Vacinarse é a medida principal para evitar a gripe pero tamén se deben ter en conta unha serie de recomendacións para previr o seu contaxio e difusión: lavar as mans con frecuencia, tapar a boca e o nariz ao tusir ou esbirrar, empregar panos desbotables, e mentras se estea enfermo evitar o contacto estreito con outras persoas especialmente se presentan algún factor de risco.

[/fusion_text][/fullwidth]