As Pontes, 10 de febreiro de 2020. O domingo, 23 de febreiro, celébrase a XL edición da Feira do Grelo das Pontes. Como cada ano haberá o tradicional concurso de cestas de grelos.

Para participar é preciso:

  1. Incribirse, de 08:00 a 10:00 horas, o día 23 de febreiro, na carpa instalada no Colexio Santa María.
  2. Os grelos deben presentarse en cestas que conterán, como mínimo 10 madas. Esta condición é obrigatoria para poder concursar.
  3. Só se admitirá un/unha concursante por unidade familiar e os/as concursantes deben ter un mínimo de 16 anos.

A partir das 10:00 horas, o xurado, integrado por cociñeiros, un crítico gastronómico e un/unha  concelleira, comezará o reconto das cestas concursantes, momento no que non se admitirán máis cestas a concurso.

A valoración do xurado rematará ás 11:00 horas. A venda de grelos poderá comezar as 08:00 horas (Mercado Municipal) xa que as cestas participantes no concurso estarán expostas aparte de cada vendedor/vendedora, de xeito que a súa propiedade será anónima.

Premiaranse as seguintes categorías:

Premios á calidade do grelo

1º premio: 400 €,  2º premio: 250 €,  3º premio: 200 €, 5 accésits de 75 € cada un.

Premio Especial Alexandre Pérez Sindín á cesta mellor adornada.

Premio de 300€ e unha peza de artesanía doada pola Asociación Amigos da Madeira.

Todos os donos e donas das cestas admitidas a concurso recibirán un vale por importe de 20 €.


Máis información:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/02/10/2020_0000000910.html