As Pontes, 14 de marzo de 2022.  Onte, Alex e Javi, dous veciños das Pontes, acompañados por veciños dos concellos de Narón e Cariño, saíron rumbo a Polonia para levar a axuda humanitaria a Ucraína e co propósito de traer consigo a doce persoas refuxiadas.

Desde o Concello queremos dar as grazas a todos os ponteses e pontesas que, durante os últimos días, amosaron, de moi diversas formas, a sua solidaridade, aportando comida, roupa, medicamentos ou realizando aportacións económicas para que esta viaxe fose posible.
Queremos dar as grazas tamén a toda a veciñanza que se achegou ata o Taller Comeluz Artista para botar unha man, organizar as donazóns, preparar as caixas…mostrando o mellor do noso pobo e, por suposto a Sergio e a Myriam por ofrecerse a colaborar coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína para xestionar esta onda de solidariedade pontesa con Ucraína.
Grazas As Pontes! Boa viaxe veciños…vémonos nuns días!