Esta mañá asinábase o convenio plo que se regula a navegación sen motor no lago de As Pontes.

RTVEume / O emprego deste espazo para a navigación viña facéndose con permisos puntuais e especiais, e agora pdoerá xa ser unha realidade da que se van beneficiar especialmente os clubes náuticos de As Pontes, Xuvenil de piraguismo e Vela As Pontes.

Representantes dos dous clubes, do concello e de Endesa asinaban esta mañá no Concello o acordo polo que se permite a navigación deportiva sen motor en todo o lago. Pero sempre que realice a través do Club de Vela ou do Clube de Piragüismo Grupo Xuvenil.

O Concello arrógase tamén o papel de supervisor de que así sexa e ve cumprida a súa demanda de que o lago sexa navigable, tal como establecía a demanda social da que o goberno local se facía eco, trasladándoa á empresa e mediando para que se fixese efectivo este acordo.

Os afeccionados ás piraguas, canoas ou embarcación de surf e vela poderán xa facer uso, sempre baixo o auspício dos clubes locais, dun espazo que suma case 18 kms, un lago que ten 5 kilómetros de lonxitude máxima e ata 2,2 kilómetros de anchura, e onde a maior profundidade supera nalgo os 200 metros.

De momento materase o límite na zona de acceso na praia artificial e mantense quedará prohibido o desembarco de persoas fóra da área desafectada, para evitar o acceso a zonas mineiras que seguen en proceso de restauración.

Foto cedida por Soledad Souto.