[one_full last=”yes” spacing=”yes” center_content=”no” hide_on_mobile=”no” background_color=”” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” border_position=”all” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”” animation_speed=”0.1″ class=”” id=””][fusion_text]O Concello das Pontes ven de aprobar as obras correspondentes aos importes adxudicados pola Deputación da Coruña no habitual Plan de Obras e Servizos (POS) por un importe de 506.009,30 euros
As obras a executar ó longo do ano 2016 son:
1.- Acondicionamento das beirarrúas en:
- Rúa Alcalde Vilaboy Pajón, acondicionamento na marxe dereita das mismas nunha zona de moita confluencia pola presencia do Tanatorio.
- Rúa Irmáns Tojeiro
- Rúa Soutomaior mediante a ampliación de beirarrúas, mellorando a súa accesibilidade.
- Rúa Saúde, mellorando a seguridade vial.
2.- O Concello desde fai anos ven realizando distintas obras de mellora nos distintos Poboados, neste caso abordaránse as seguintes accións:
- Poboado do Barreiro, realizando a 4ª fase de actuación mediante a mellora dos servizos e pavimentos e adecuando a zoa do mismo xeito que as fases anteriores.
- Poboado da Fraga, tamén a 4ª Fase de actuación mediante a mellora de servizos e pavimentos.
3.-Seguindo as demandas dos veciños da zona das Campeiras para dotar de mayor amplitud de aparcamento farase unha actuación co obxectivo da mellora de seguridade vial e a renovación do saneamento. Por outro lado, na Rúa Covelos farase unha actuación para a mellora da seguridade vial.
4.- No Pabellón da Magdalena, moi utilizado para actividades deportivas, levaráse a cabo unha actuación na que se mellora o asilamento da pista, así como unha remodelación integral dos vestuarios dotándoos de servizos e acceso para minusválidos.
5.- Asimesmo acometeránse aglomerados en:
- O Pazo na Faeira
- Teixedelos
- Casa do Vento
- O Mazcoto na Faeira
- O Carballal no Paraño
Por outro lado, cabe destacar que por primeira vez, a Deputación da Coruña, pon en marcha o denominado Plan de Acción Social (PAS), que otorga 690.000 euros ó Concello de As Pontes que serán repartidos nas seguintes accións:
1.- Remodelación integral da Rúa Rosalía de Castro mellorando a accesibilidade e a pavimentación.
2.- Remodelación integral da rúa posterior ó edificio do Concello mellorando a accesibilidade e os pavimentos.
3.- Reparación de aglomerados nas rúas do centro urbán: Avda. Vilalba, Rúa Xermade e A Cuveliña.
4.-Adecuación da Avda. Castelao no tramo comprendido dende a recentemente remodelada Praza do Hospital ata a Biblioteca Municipal para conectar coa Avda. da Coruña.
5.- Asfaltado da estrada do Bidueiral e a de Palmeiro a Porto do Liño
6.- Reparación en estradas en : O Vilar, Os Regalados, A Graña, Recemonde, O Caneiro, A Rega, Da, Marraxón, Castiñeiro, Paipaz, Pereira e Os Currás.
7.- Remodelación e mellora da accesibilidade de beirarúas na Avda. de Lugo.[/fusion_text][/one_full]