As Pontes, 15 de xullo de 2024. O Concello das Pontes organiza un encontro coa Zona Franca de Vigo, mañá, no Centro de Dinamización Empresarial Seara, ás 11:00 horas, na que David Regades, delegado especial de Zona Franca de Vigo, dará a coñecer as accións de dinamización e promoción industrial na Zona Franca e no seu ámbito de implicación así como as ventaxas dun despregamento da Zona Franca na comarca de Ferrolterra.

Así mesmo, durante este encontro, asinarase un convenio de colaboración entre o Concello das Pontes, Zona Franca, A Confederación de Empresarios de Ferrolterra e Seara para establecer un marco de traballo común entre todas as entidades implicadas.