As Pontes, 25 de febreiro de 2022. O Concello das Pontes repartirá 1.525 euros no concurso de cestas da XLI Feira do Grelo que se celebra esta fin de semana no municipio.

As persoas interesadas en participar deben ter como mínimo 16 anos e teñen que inscribise o domingo, 27 de febreiro, na carpa instalada na Praza de América, desde as 08:00 ás 10:00 horas. Só se admitirá un/ha concursante por unidade familiar

Os grelos deberán presentarse en cestas que deberán conter, como mínimo, 10 madas, condición sine qua non para poder participar e a partir das 10:00 horas, un xurado composto por unha persoa con experiencia profesional culinaria, un/ha representante da Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de As Pontes e maís unha representante da Asociación Amas de Casa comezarán a realizar o reconto das cestas concursantes e a súa valoración.

O concurso rematará ás 11:30h coa entrega de premios na carpa da Praza de América. Concederanse tres premios á calidade do premio, un primeiro premio de 400 euros, un segundo de 250 euros e un terceiro valorado en 200 euros. Ademais haberá 5 accéstis de 75 euros cada un deles.

Haberá un Premio Especial “Alexandre Pérez Sindín” á cesta mellor adornada., valorado en 300 euros e que recibirá tamén unha peza de artesanía doada pola Asociación Amigos da Madeira.

Así mesmo, todas as persoas participantes no concurso de cestas da XLI Feira do Grelo recibirán un agasallo.

BASES: VER