As Pontes, 29 de abril de 2022. O Concello das Pontes ten previsto renovar a pavimentación dos viarios de Bidueiro e o Camiño Vilarmaior na parroquia do Freixo, un proxecto financiado pola Deputación da Coruña, cun orzamento de 73.230 euros.
A través destas actuacións, o goberno local continúa co seu proxecto para mellorar as infraestruturas do ámbito rural, favorecer a calidade de vida da veciñanza e permitirán a reparación integral de ambos viarios
“Estes viarios teñen moita importancia para a comunicación entre os núcleos rurais da vila e aínda que durante os últimos anos estivéronse realizando traballos de mantemento pero estaban a sufrir importantes deterioras. Con estas obras seguimos coa nosa folla de ruta para mellorar as infraestruturas no ámbito rural e favorecer a calidade de vida dos nosos veciños”.
As obras inclúen o varrido da superficie dos viarios e a limpeza das marxes e as cunetas e a extensión dunha capa de saburra para evitar o chazo producido polo recrecido do firme. Así mesmo, contémplase o recrecemento do firme existente con aglomerado asfáltico de 5 centímetros de espesor. Tras todas estas actuacións, realizarase a marcaxe dos viarios, o pintado das marxes e a sinalización horizontal