As Pontes, 10 de xuño de 2021. O Concello das Pontes destinará 160.00 euros ás achegas destinadas ás entidades sociais do municipio no ano 2021.
Estas subvencións están dirixidas ás entidades sociais, sen ánimo de lucro, inscritas no rexistro de asociacións de Galicia, no rexistro de Asociacións do Concello das Pontes e que desenvolan as súas actividades no ámbito territorial do concello ou sobre temas de interés para o municipio das Pontes.
Mediante estas achegas, o Concello das Pontes busca dar apoio ás entidades sociais, contribuir a que acaden os seus obxectivos, fomentando a participación cidadá e contribuíndo, deste xeitos a impulsar a democratización da sociedade, a través accións e actividades destinadas a persoas maiores, persoas con diversidade funciona, persoas con algunha adicción, en xeral, actividades que promovan a inserción na sociedade de colectivos desfavorecidos.
A través destas achegas as entidades solicitantes poderán cubrir os gastos derivados das actividades que leven a cabo durante o ano 2021. Así, serán subvencionales os gastos derivados da organización e realización das actividades ; o material funxible non inventariable relacionado directamente con ditas actividades, seguros de responsabilidade civil e accidentes, retribucións a persoal técnico e de monitores/as, os gastos correspondentes a voluntarios/as ou monitores/as que colaboren coa entidade ou asociación impartindo algunha actividade, curso, etc, de forma esporádica, dereitos de arbitraxe, conferenciantes, entre outros.
Para acceder a estas achegas é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello, cumprimentada polo representante da entidade cultural, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria. O prazo para presentar é dez días a contar desde o 12 de xuño de 2021
Pódese obter máis información sobre estas achegas no BOP número 105, do 07 de xuño de 2021 na páxina web www.dicoruna.es ou na páxina do Concello de As Pontes