As Pontes, 16 de decembro de 2021. O Concello das Pontes acolle, desde mañá, a exposición de rúa “Resilentes” promovida pola delegación de Ferrol, da Asociación Española Contra o Cancro e Afundación, a Obra Social de ABANCA.
Trátase dunha colección homenaxe a varias mulleres que sufriron ou sofren na actualidade cancro de mama, unha serie de imaxes, autoría da artista Helena Segura-Torrella, coas que pretende mostrar a resiliencia, a actitude de adaptación ante un problema desta índole
A fotógrafa acompaña a varias mulleres durante a súa experiencia co cancro de mama. Retratos fotográficos de estudo que van acompañados dos seus testemuños a través dos que comparten a súa experiencia, os retos que as acompañaron, as inquietudes que lles xerou o proceso, a esperanza e a vida para celebrar, así como expresan o seu agradecemento aos e as especialistas sanitarias.
A mostra estará ubicada nas rúas do centro da vila e poderá visitarse ata o 17 de xaneiro.