As  Pontes, 29 de abril de 2021. O Concello das Pontes abre mañá o prazo para presentar ás solicitudes ao proceso selectivo, mediante oposición libre, para a cobertura dunha praza de persoal funcionario de carreira de arquitecto/a vacante no cadro de persoal do Concello das Pontes, pertencente ao Grupo A; Subgrupo A1; Clase técnico superior; Escala Administración Especial; Subescala Técnica.

As persoas aspirantes deben reunir, entre outros os seguintes requisitos: ter cumpridos dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa, estar en posesión do título universitario en Arquitectura (título universitario oficial de Arquitecto (pre-Bolonia) ou título de Grao  universitario en Arquitectura máis o Máster habilitante para o exercicio da profesión de arquitecto/a), ou titulación equivalente segundo a normativa estatal vixente en materia de homologación de títulos universitarios. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase posuír o documento que acredite a homologación ou convalidación no seu caso.

Ademais deberan posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que se aspira e non ter sido separado/a, mediante un expediente disciplinario, nin acharse en situación de inhabilitación especial ou absoluta para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, tanto para o acceso á función pública como para exercer funcións similares como persoal laboral sen que fose separado/a ou inhabilitado/a.

Asemade deberán posuír un título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua Galega CELGA IV, equivalente ou superior. Os/as aspirantes que non a acrediten, deberán superar unha proba de coñecemento da lingua galega

E deberán achegar o xustificante dos pagos dos dereitos de exame que, de acordo coa Ordenanza fiscal número 15, que regula a taxa por expedición de documentos administrativos (BOP núm. 154 do 06/07/2006), é de 37,44 €.

As instancias, segundo modelo xeral existente na sede electrónica do concello, dirixiranse ao concello e presentaranse única e exclusivamente na sede electrónica do concello das Pontes (https://https://sede.aspontes.org/opencms/gl/), ata o 18 de maio de 2021.

Máis información: BOP, nº 65 do 9 de abril 2021.