As Pontes, 7 de setembro de 2022. O Concello das Pontes abre mañá, 8 de setembro, o prazo de matrícula nas escolas municipais culturais para o curso 2022-2023.

Entre os días 8 e 14 de setembro, o alumando matriculado no curso 2021-2022 poderá solicitar a renovación de praza nas escolas municipais culturais se completou o curso, con asistencia habitual ás clases, se non ten recibos pendentes ou non foi baixa.

Este ano, ao igual que o ano pasado, a inscrición deberá realizarse, preferentemente, de forma telemática a través da sede electrónica do concello

Aquelas persoas que non dispoñan de medios ou coñecementos para realizar a inscrición online poderán descargase os impresos na páxina web municipal ou acudir ao Departamento de Cultura, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas, onde se lles facilitarán os impresos de solicitude de matrícula. Unha vez cubertos e asinados poderán presentalos no mesmo departamento ou a través do correo electrónico ([email protected])

Recibida a solicitude de matrícula esta será revisada pola administración e notificarase electronicamente ou por correo electrónico ao alumnado a confirmación da praza e horario, a taxa a pagar así como o prazo de pago.

Unha vez rematado o prazo de inscrición do alumando matriculado no curso 2020-2021, o listado de prazas vacantes exporase, o día 22 de setembro, no taboleiro de anuncios do Departamento de Cultura, e abrirase o prazo de inscrición, do 23 ao 29 de setembro, para o alumnado de novo ingreso. A solicitude deberá realizarse, preferentemente, de forma telemática a través da sede electrónica do concello.

O Departamento de Cultura notificará por correo electrónico ou teléfono a adxudicación de praza, e dará ao novo alumnado as instrucións e prazos para a realización do pago da matrícula.