As Pontes, 19 de febreiro de 2021. O Concello das Pontes abre o luns, 22 de febreiro, o prazo de inscrición do curso seguridade e medio ambiente “LIMPEZA DE ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS” organizado pola Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local, dirixido á persoas menores de 30 anos, desempregadas e inscritas no Programa de Garantía Xuvenil.
A acción formativa está orientada a que as persoas participantes adquiran coñecementos sobre os novos requirimentos de seguridade e conservación do medio ambiente ao tempo que aprenden labores relacionadas coa xestión e mantemento dos espazos públicos e de tratamento da flora e fauna silvestre, na procura dunha xestión racional e sostible da contorna.
A formación teórico práctica realizarase no municipio de Cerceda e contemplan as horas de formación propias do programa do certificado de profesionalidade de limpeza de espazos abertos e instalacións industriais, xunto coas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.
As persoas interesadas poderán inscribirse na área de emprego do Concello das Pontes, cita previa nos teléfonos 634790764 ou 664019792) desde o 22 ao 25 de febreiro, ás 14:00 horas.
Xunto coa ficha de solicitude cumprimentada e asinada deberán achegar o seu CV formativo e profesional copia do DNI por ámbalas dúas caras, tarxeta ou documento que acredite o número de Afiliación á Seguridade Social, así como certificado/volante actualizado de empadroamento, a tarxeta de demanda de emprego debidamente actualizada e o documento que acredite a inscrición no rexistro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
Máis información: https://emprego.dacoruna.gal/index.php?cID=13640