As Pontes, 31 de outubro de 2023. O Concello das Pontes abre, o día 2 de novembro, o período de inscrición nas actividades, para o curso 2023-2024, da piscina municipal
Habilitaranse dúas vías para realizar as inscricións; de forma telemática, a través do e-mail piscinadasp[email protected], e de forma presencial, na piscina municipal
No co caso dos cursos infantís, poderanse inscribir a todos os nenos/as da unidade familiar mentres que nos cursos e actividades para persoas adultas só se admitirá unha inscrición por persoa. En ambos casos, as prazas dispoñibles repartiranse ao 50% entre os dous métodos de inscrición.
Este ano impartiranse cursos de natación para bebés e niveis (de cero a catro) para nenos e nenas desde 3 a 16 anos mentres que para as persoas adultas haberá cursos de natación (iniciación e perfeccionamento) e aquagym.
Por outra banda, a piscina municipal continuará coa súa proposta de actividades dirixidas a persoas adultas ofertando, este ano, adestramento funcional, pilates e GAP.
FORMULARIO INSCRICIÓNS ACTIVIDADES NATACIÓN: DESCARGAR
FORMULARIO INSCRICIÓNS ACTIVIDADES PERSOAS ADULTAS:DESCARGAR