25 de Septiembre del 2015

Hoxe foi aprobada en Xunta de Goberno Local a adxudicación do contrato da obra da “Remodelación do baixo cubierta do Mercado Municipal” por un importe de 168.428,48 € (IVA incluido) a la empresa local Huso29 Construcciones SL.

 

7 de Agosto del 2015

O Mercado de Abastos de As Pontes está sendo obxecto dunha profunda remodelación, despois dunha primeira fase donde se acondicionaron por completo os locais da Planta Baixa así como a fachada do mesmo, unha segunda fase donde se amañou a segunda planta co obxecto de darlle ó edificio máis uso comercial preparando locais con ese obxecto, acábase de aprobar na Xunta de Goberno que se celebrou no día de onte o “Proxecto de Reforma da Cuberta” o que supón unha terceira fase de actuación sobre o mesmo edificio e que suporá o amaño do tellado, cuberta e baixo cuberta. En próximas datas saldrá o pliego de condicións para a licitación da obra.

Esta terceira fase se corresponde a unha inversión aproximada de cento setenta e tres mil euros, subvencionados en parte pola Xunta de Galicia.