As Pontes, 15 de maio de 2023. O Concello das Pontes abre o martes o prazo de solicitudes do banco de alimentos.

As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes do 16 ao 26 de maio de 08:30 horas a 14:00 horas, no Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dopeso) e deberán presentar a seguinte documentación:

  1. Movementos bancarios dos últimos 6 meses de todas as contas bancarias da unidade familiar.

  2. Última declaración do IRPF, ou Certificado de imputacións (no caso de non facela)

  3. No caso de non poder presentar documentación do punto anterior, declaración xurada da situación económica da familia.

  4. Último recibo de alugueiro ou hipoteca (se fose o caso).

  5. Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, convenio regulador, demanda de impago de pensión, etc.(se fose o caso)