As Pontes, 21 de febreiro| O día 2 en horario de tarde comezaremos un curso de “Folla de cálculo”. Pensando para persoas que partan desde cero no uso de este tipo de ferramentas.
Folla de cálculo |
|
Horario |
10 a 12:00 |
Periodicidade |
Luns, martes e xoves |
Duración |
Do xoves 2 ó 16 de marzo |
Contidos
1)Contorna gráfica
2)Introdución de datos.
3)Fórmulas
4)Ordenación e listados.
5)Gráficos sinxelos
Internet Avanzado
O xoves 2 de marzo comezará un curso de “Internet Avanzado”.
O obxectivo deste curso é ampliar os coñecementos sobre internet. Veremos blogs e comunidades online, tendas e portais. Tamén participaremos e rexistraremos en estes sitios web para ver as posibilidades de comunicación e información que nos ofrece a rede.
Esta actividade está dirixida a persoas maiores con coñecementos básicos no uso de ordenadores.
Internet Avanzado |
|
Horario |
10 a 12:00 |
Periodicidade |
Luns, martes, xoves e venres |
Duración |
Do xoves 2 ó 10 de marzo |
Contidos
6)Correo electrónico.
7)Blogs, foros e comunidades online.
8)Rexistro en páxinas e compra online.
9)Almacenamento de arquivos na nube
10)Utilidades para o noso navegador web.
Busca de emprego a través de internet
Para a segunda quincena do mes temos preparadas outras dúas actividades.
O mércores 15 de marzo comezará un curso de “Busca de emprego a través de internet”.
Neste curso usaremos o noso acceso a internet para dinamizar a nosa busca de emprego. Consultaremos portais de emprego, páxinas de información, tanto de emprego público como en empresa privada, redes sociais e
Esta actividade está dirixida a persoas maiores con coñecementos básicos no uso de ordenadores.
Busca de emprego por Internet |
|
Horario |
10:30 a 12:30 |
Periodicidade |
Luns, martes, xoves e venres |
Duración |
Do xoves 15 ó 27 de marzo |
Contidos
1.Orientación laboral
2.Portais de emprego
3.Emprego nas redes sociais
4.Emprego público. Busca de información
5.Elaboración dun Currículum Vitae. Modelos.
Elabora as túas presentacións
O 20 en quenda de tarde, empezará “Elabora as túas presentacións”. Esta actividade está dirixida a todas aquelas persoas que queiran aprender a realizar as súas propias presentacións de diapositivas.
Elabora as túas presentacións |
|
Horario |
17:00 a 18:30 |
Periodicidade |
Luns, martes e xoves |
Duración |
Do luns 20 de marzo ó 3 de abril |
Contidos:
I.LibreOffice Impress: contorna gráfica
II.Manexo de texto, imaxes e gráficos
III.Configuración da presentación: animacións e audio
IV.Gardar, exportar e imprimir presentacións
V.Transicións e efectos
Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.