As Pontes, 14 de xuño de 2021. O Concello das Pontes abriu hoxe, 14 de xuño, o prazo de solicitudes do banco de alimentos.
As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes do 14 ao 18 de xuño, de 08:30 horas a 14:00 horas, no Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dopeso) e deberán presentar a seguinte documentación:
- Movementos bancarios dos últimos 6 meses de todas as contas da unidade familiar.
- Última declaración do IRPF, ou Certificado de imputacións (no caso de non facela), ou Xustificantes económicos de todos os membros da unidade familiar: INEM, contratos de traballo, nóminas, recibos de pensións. No caso de non poder presentar esta documentación é presciso achegar unha declaración xurada da situación económica da familia.
- Último recibo de alugueiro ou hipoteca (se é o caso).
- Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, convenio regulador, demanda de impago de pensión, etc.(se fora o caso)