As Pontes, 4 de decembro|
TERMALISMO IMSERSO
Dende o Departamento de Servizos Sociais, infórmase que xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a participación no Programa de Termalismo Social do IMSERSO para o ano 2018.
Os prazos para a presentación das mesmas son os seguintes:
Para os turnos dos meses de febreiro ata agosto, ambos inclusive, ata o 4 de xaneiro de 2018. Despois desta data pode solicitar a inclusión nunha lista de espera para prazas vacantes ata o 10 de maio de 2018.
Para os turnos dos meses de setembro a decembro, ambos inclusive, ata o 11 de maio de 2018, e na lista de espera para prazas vacantes ata o 31 de outubro de 2018.
Requisitos: Neste programa poden participar:
- Todos os pensionistas do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación e incapacidade permanente.
- Os pensionistas por outros conceptos ou perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego, que teñan cumpridos os 60 anos.
- Os pensionistas polo concepto de viudedade que teñan mais de 55 anos.
Outros requisitos para participar no programa, son valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nun centro residencial, nin enfermidade infecto contaxiosa.
O solicitante pode ir acompañado polo seu cónxuxe, para o cal non se esixen os requisitos de pensión e idade.
Servizos que ofrece o programa:
- Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
- Tratamentos termais básicos, que inclúen a prescrición do tratamento polo médico do balneario.
- Realización de actividades de animación.
- Póliza colectiva de seguro turístico.
Para formalizar as inscricións poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dr. Dopeso) en horario de mañá (8:30 a 14:00 h).