As Pontes, 5 de decembro| O Clube de rugby Fendetestas vai recibir as festas do Nadal do xeito que mellor se lle da: levando este deporte aos máis novos e é que, por primeira vez, van desenvolver o seu campus de Nadal Fendetestas, unha iniciativa coa que se busca achegar esta modalidade deportiva aos ponteses e pontesas máis pequenos e que pretende continuar co éxito doutro tipo de convocatorias semellantes, coma a do pasado mes de setembro.

O polideportivo da Magdalena acollerá esta actividade que ten previsto o seu inicio o vindeiro día 26. Serán 4 días nos que os participantes aprenderán dende as reglas deste deporte ata as tácticas e xogadas básicas, non só da man dos propios integrantes do Clube Fendetestas, senón tamén de profesionais deste deporte que visitarán a estes campistas.

Asemade, tamén se desenvolverán actividades típicas do Nadal, realizaranse visitas culturais e incluso haberá tempo para desfrutar dunha merenda a mediamañá. E é que as sesións darán comezo ás 10.00 e prolongaranse ata a unha da tarde.

O prazo de inscrición xa está aberto e manterase ata o día 22 deste mes, sendo posible anotarse no teléfono 666 11 00 17 ou ben enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected] con todos os datos do participante. Con respecto ao prezo de inscrición, todos aqueles nenos e nenas que sexan xa xogadores do clube aboarán 5 euros e os non xogadores 10 euros.