As Pontes, 20 de maio de 2021. O Concello das Pontes abre hoxe o prazo de inscrición dos obradoiros de verán da Escola Infantil Municipal A Barosa, unha iniciativa dirixida ao alumando xa matriculado e que ten como finalidade facilitar a conciliación familiar e laboral durante o período estival.

Este servizo, ofrecerase de luns a venres, en horario de 08:00 a 14:00 horas, inclúe servizo de comedor e a realización de diferentes tipo de actividades lúdicas e pedagóxicas orientadas a que o alumando goce do verán dun xeito divertido e diferente.

As familias interesadas neste servizo deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación: certificado de empresas d@ pai/nai conforme están traballando e non en período de vacacións. As persoas autónomas deberán achegar fotocopia do último recibo de autónomos, no caso de estar en curso de formación deberán achegar un certificado da entidade que imparte a formación, e no caso de traballar no servizo doméstico, unha declaración xurada cuxa valoración será realizada polo departamento de Benestar Social.

O prazo para presentar as solicitudes finaliza o día 31 de maio e as instancias poden presentarse a través do Rexistro Municipal do Concello, cita previa nos teléfonos 667 12 93 89/667 12 93 80  ou a través da sede electrónica municipal.

Aquelas familas con nenos e nenas que durante o curso escolar (setembro 2020-xullo 2021) non gozaron dun mes de vacacións, non poderán facer uso deste servizo xa que o alumando debe gozar dun mes de vacacións durante o curso escolar a non ser que circunstancias xustificadas o impidan. 

 

SOLICITUDE: DESCARGAR