As Pontes, 30 de xullo de 2023. Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nos campamentos de vela organizados pola Deputación da Coruña.

Esta iniciativa está dirixida aos nenos e nenas, empadroados no Concello das Pontes, nacidos entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2014, ambos inclusive, sendo imprescindible que saiban nadar.

Os rapeces e rapazas que participen nesta campaña iniciaranse nos conceptos teóricos da navegación a vela, así como aos coñecemento básico dos nós mariños e realizarán prácticas de navegación a vela no lago das Pontes.

Para inscribirse nesta actividade é preciso achegar, xunto coa solicitude de inscrición, o certificado de empadroamento ou volante, unha fotocopia do DNI, ou do libro de familia e a copia de aboamento da cota de inscrición (logo de ser confirmada a praza por parte do concello)

As solicitudes deben recollerse e presentarse no departamento de deportes, ubicado no primeiro andar da Casa Consistorial, ata o día 19 de xullo, en horario de 09:00 a 13:00 horas

A formación desenvolverase entre o 31 de xullo eo 4 de agosto, en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas e en horario de tarde de 16.00 a 20.00 horas

TRÍPTICO INFORMATIVO: DESCARGAR