As Pontes, 10 de xuño de 2026. O Concello das Pontes informa de que, entre o 16 e o 30 de xuño de 2026, permanecerá aberto o prazo para a formalización da matrícula da Escola Infantil Municipal correspondente ao curso 2026/2027.

A documentación necesaria para completar o proceso entregarase nun sobre facilitado pola propia escola.

As familias de novo ingreso poderán recoller este sobre nas instalacións da escola, en horario de 10:30 a 13:00 horas.

Pola súa banda, os nenos e nenas con reserva de praza recibirán o sobre directamente a través do centro, no seu horario habitual de asistencia.

Unha vez cumprimentada toda a documentación requirida, o sobre deberá ser devolto á escola dentro do prazo establecido.

Para máis información, as familias poden dirixirse á Escola Infantil Municipal.