As Pontes, 11 de xaneiro de 2023. A Escola Municipal de baile moderno, danza clásica e flamenco das Pontes organiza unha gala benéfica a favor da Asociación Princesa Rett.

A escola representará o espectáculo Talent Show no que contará coa colaboración de O’Catre Teatro e Juan Anillo, no Auditorio Municipal Cine Alovi, ás 18:00 e ás 20:30 horas

O prezo da entrada será de 5 euros por persoa (máximo 6 entradas por persoa) e poderán adquirirse o venres, 19 de xaneiro, de 17:00 a 19:30 horas e o sábado, 20 de xaneiro, de 12:00 a 13:30 horas.

Tamén estará dispoñible unha fila cero para todas as persoas que, sen asistir ao espectáculo, desexen colaborar nesta gala benéfica.