As Pontes, 3 de xaneiro de 2022. A cabalgata de reis do Concello das Pontes percorrerá, o mércores, 5 de xaneiro, unha vintena de rúas da vila co obxectivo de evitar aglomeracións e coa intención de que os nenos e nenas da vila poida, gozar da ilusión desta data con seguridade.

O Concello das Pontes optou, nesta ocasión, por un percorrido no que se duplican o número de rúas polas que pasaba o séquito real, evitando as vías máis estreitas e apostando polas avenidas máis amplas e con maior densidade de poboación.

A cabalgata sairá ás 18:00 horas da Casilla (Rúa Blanco Amor) para a continuación comezar un percorrido que pasará pola Rúa Casilla, Avenida das Veigas, Rúa da Areosa, Rúa Rego do Muíño, Rúa Sergio Rivera Chao, Rúa Campo da Feira, Rúa 8 de Marzo, Avenida Monte Caxado, Avenida de Ortigueira, Rúa Somozas, Rúa Viveiro, Rúa Fene, Rúa Neda, Rúa Mañón, Avenida de Vilalba, Rúa Celso Emilio Ferreiro, Avenida da Habana, Avenida de Galicia, Avenida Rosalía de Castro, Avenida de Ferrol.

Desde esta rúa regresará á Avenida de Ortigueira para continuar pola Avenida de Castelao e rematar na Praza do Hospital. O pasarrúas dos Reis Magos finalizará co lanzamento de fogos artificiais.

Co fin de garantir a seguridade a saúde, desde o Concello das Pontes recoméndase que,  na medida do posible, se vexa a cabalgata desde as casas ou desde as rúas máis próximas ás vivendas habituais para evitar concentracións de persoas e posibles aglomeracións. Asi mesmo, o Concello prega á veciñanza que respecte as distancias e as medidas de seguridade así como o uso da máscara.

Este ano, ao igual que o ano pasado, o séquito real non fará paradas, non haberá recepción oficial no Concello nin se repartirán caramelos.