Turismo As Pontes.- O día 1 de Xullo realizarase un roteiro guiado para coñecer o patrimonio industrial de As Pontes. A hora de saída é ás 17h e a hora aproximada de chegada será ás 21h, sendo o Punto de Información Turística (PIT) do Lago, o lugar de comezo e final do itinerario.

Ao longo de 11 quilómetros percorreranse andando os puntos máis representativos da paisaxe industrial das Pontes, gozando de recunchos tan peculiares como o lago artificial máis grande de Europa, a cheminea de maior volume do Mundo, ou curiosos poboados de traballadores.

Dende a organización recomendamos levar calzado e roupa apropiados así como ser persoas afeitas a este tipo de andainas.

A actividade é gratuíta e as prazas limitadas. Necesario reservar praza en [email protected] ou no número de teléfono 608 201 251.[