As Pontes, 15 de novembro de 2024. A concelleira de Industria, Ana Pena, participou onte, en SEARA, nun encontro empresarial, ao abeiro do servizo de asesoramento financierio que a asociación empresarial e o Concello das Pontes impulsan a través do convenio firmado entre ambas entidades.
Na xornada, dirixida ao tecido empresarial da localidade, participaron una ducia de persoas autónomas e pequenas empresas. Durante o transcurso do encontro recibiron asesoramento en materia de IVE na que se abordaron cuestións como a tipoloxía do IVE, os gastos deducibles, os tipos de IVE e o seu cálculo así como aspectos relacionados coa súa devolución.


























