Os concellos galegos condenamos a discriminación ou calquera outra forma de violencia- tanto física como verbal e exercida contra calquera persoa ou colectivo- por razóns de orientación ou identidade sexual ou por calquera outra razón.
Cremos na necesidade de afondar na educación da cidadanÍa sobre diversidade sexual polo que demandamos a posta en marcha de programas de concienciación e sensibilización que acheguen información á veciñanza.
Ratificamos o compromiso de facer dos nosos pobos e cidades espazos nos que os individuos poidan desenvolver a súa sexualidade dunha forma íntegra e natural, independentemente da orientación ou identidade sexual propia.