As Pontes, 29 de maio| Unha singular montaxe na que, a través da manipulación do  kamishibai e a técnica lumínica emaki (teatro tradicional xaponés), escenarios despregables pop-up e revisións persoais do teatro de papel, os nenos poderán coñecer contos e lendas de todos os continentes e achegaranse a valores relacionados coa cooperación, a igualdade, a concienciación ambiental e a paixón pola lectura.

  • Lugar: Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco.
  • Data: 31 de maio. 18:00 horas.
  • Público: Nenos de entre 4 e 11 anos.