[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]Descarga aquí as bases: DESCARGAR

RTVEume|  Xa  lles dabamos conta do cartel anunciador da 36ª Feira do Grelo e á que se unirá unha nova edición do XIII Festival de Comparsas que, cada domingo de entroido, fai desfrutar e sobre todo rir a esgalla a veciños e veciñas de toda a vila e dos concellos limítrofes que se animan a pasar unha boa tarde de domingo entre retrousos, chiscadelas e letras do máis curiosas.

A Concellería de cultura facía onte xa públicas as bases que rexerán este certame que se desenvolverá o 7 de febreiro, á tarde, no auditorio municipal Alovi e que repartirá 3500 euros en premios.

Así as formacións interesadas terán dende o vindeiro luns día 25 e ata o 4 de febreiro para formalizar a súa inscrición no departamento municipal de cultura, en horario de 10 a 1.30 da tarde, de luns a venres. Un máximo de 7 agrupacións terán a posibilidade de sumarse a este festival, segundo orde de inscrición.

Cada formación deberá contar cun mínimo de 10 integrantes que conten cunha unidade temática na súa vestimenta, asemade tres dos integrantes deberán ser maiores de idade. Será necesario incluír no impreso de participación: o número de compoñentes, o nome e NIF dos maiores de idade ademáis dun representante da formación e unha copia das letras das cancións que se van interpretar,e que deberán ser un mínimo de 3, escritas en galego e con acompañamento musical.

As letras deberán ser inéditas e orixinais e non superarán os 4 minutos de duración.

No tocante aos premios, todas as formación participantes recibirán un premio económico. Así entre as comparsas que pertenzan ao Concello de As Pontes repartiranse 2800 euros a un máximo de 800 euros por formación, e as agrupacións foráneas recibirán un máximo de 350 euros.

Asemade, premiarase á comparsa con mellores letras, á que teña un mellor vestiario e á que realice a mellor interpretación.

Como é habitual, as formacións locais tamén deberán participar na cabalgata do martes de Entroido.

Para poder obter máis información ao respecto, os interesados poden contactar co departamento municipal de cultura no telefono 981 44 03 44 ou ben achegándose ata as oficinas de cultura, no primeiro andar da Casa Dopeso.

[/fusion_text][/fullwidth]