A Mesa Local de Comercio está constituida co obxectivo de tomar decisións conxuntas de cara a promoción do Comercio Pontés. Está presidida pola Concelleira de Desenvolvemento Local, Montserrat García Chavarría e forman parta da misma, a concelleira de comercio, Ana Pena, un representante da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, un representante da Asociación de Comerciantes de As Pontes e un representante da Asociación Local de Amas de Casa.
Na reunión celebrada onte no Concello de As Pontes puxerónse en común unha serie de aspectos:
– A aprobación da 3ª fase de remodelación do Mercado Municipal de Abastos, un proyecto que supón a reforma do tellado, cuberta e baixo cuberta.
– Aprobáronse as condicións do concurso de tapas: Saborea As Pontes
– Aprobouse a celebración do MOVA (Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes) o día 1 de Novembro coincidindo coa celebración da Feira de Fungos e Cogumelos.