RTVEume/ O Concello de As Pontes recibíu hoxe oficialmente ó medallista europeo Gabriel Tembrás.

O xove taekwondoka formado na Escola municipal pontesa e que milita no Moo Doo Kwan, acudíu á cita co diploma e a medalla de prata que o acreditan como subcampión de europa de técnica na categoría cadte.

Con tan só 13 anos acadaba este éxito en Belgrado, onde acudíu formando coa selección española.

Cabe lembrar que tamén sumou un sexto posto en parellas con Beatriz Felpeto.

O alcalde, Valentín González e o Concelleiro Jesús Tembrás fixeron de anfitrións nunha cita na que se congregaron unha ducia de familiares e na que contou co apoio do seu adestrador Antonio Montes.

Logo das felicitacións pertinentes ás que se sumaban os representantes de Xuntos por As Pontes e PP presentes no evento, houbo tempo de explicar como se desenvolveu a competición e apuntar novos obxectivos no que o máis ambicioso é o mundial do ano que ven.