As Pontes, 6 de marzo| A vindeira fin de semana estreamos a película UN PLIEGUE EN EL TIEMPO (“A WRINKLE IN TIME”)

Película dirixida por Ava DuVernay con Oprah Winfrey, Reese Witherspoon, Mindy Kaling, Storm Rei…

A Wrinkle in Time’ está baseada no libro da escritora Madeleine L’ Engle. A película conta a historia dunha familia cuxo pai traballa para o goberno e de súpeto desaparece. A súa filla, unha moza adolescente, é de súpeto visitada nunha noite escura e tormentosa por unha misteriosa muller, que a envía nunha viaxe a través do tempo e do espazo en procura do seu pai perdido.

 Horarios:

  • Venres 9: 21:00h
  • Sábado 10: 17:00 / 19:30h / 22:00h
  • Domingo 11: 17:00 / 19:30h