O Concello das Pontes ven de ser autorizado para a contratación, durante o período de 2,5 meses, de dous socorristas en relación cunha subvención de fomento do emprego da Xunta de Galicia. Un dos requisitos desta convocatoria é a solicitude dos aspirantes ao Servizo Público de Emprego, polo que se pon en coñecemento do persoal co perfil axeitado ao posto de traballo que, se non está inscrito en dito servizo, proceda a facelo para poder ser incluído na convocatoria.