As Pontes, 22 de febreiro| O goberno local ha instado á Consellería de Educación a manter o ciclo de Bacharelato no IES CASTRO DA UZ despois dun tenso pleno no que o concelleiro do PP daba a razón á Xunta de Galicia na supresión do ciclo.
A portavoz municipal, Montserrat García Chavarría instou o concelleiro a modificar a súa postura e poñerse ao lado dos veciños e do Consello Escolar Municipal que veñen reclamando desde hai semanas o mantemento do Bacharelato no IES Castro da Uz. “Hai outros institutos en concellos gobernados polo PP cun cociente de alumnos menor que sete e nos que a Consellería non se expón a súa supresión” comentaba a portavoz municipal.
No transcurso do pleno, o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, tamén tivo que intervir para chamar á orde ao concelleiro do PP, Manuel Escourido, cando este afirmou que nas Pontes, “a xente vota cos pés”.
Leer noticia : La Voz de Galicia