As Pontes, 11 de decembro| A Diputación da Coruña vai acometer a ampliación da plataforma da ponte que atravesa o río Rebardille, dotándoa dun ancho acorde co resto do vial e que permita o tránsito de dous vehículos ó tempo,  por esta ponte. Así, habilitarase unha plataforma de 10,80 metros, conformada por dous carrís de catro metros en cada sentido e arcéns de 1,40 metros en ambas marxes, dotados de bionda e petril

Aténdese así unha vella demanda do propio goberno local, consensuada cos viciños, e insistentemente requerida polos usuarios.

Os traballos de mejora do firme e ampliación do vial perseguen mellorar a seguridade na circulación, e especialmente neste encrave, que conta cun volume de tráfico importante, ó conectar a estrada AC- 564 coa AG-64, comunicando as distintas localidades ubicadas nas súas marxes, ademais de ser unha das vías de acceso á presa e mesmo ás Fragas do Eume.

Montserrat García amosábase moi satisfeita de poder sacar adiante esta obra ” Era unha actuación moi necesaria porque vai na liña da mellora de viais en todo o termo munciipal, que leva moito tempo demandándose na Diputación e que ahora por fin se ve atendida, e neste caso quedara pendente de poder actuar sobre a ponte, logo de que xa ampliásemos a estrada que alí desemboca. Agora tocará empregar, mentres dure a actuación, un trazado alternativo, que xa está deseñado. Somos conscientes de que é unha vía moi empregada, e agora gañará en fluidez, pero sobre todo en seguridade”.

As obras, que suporán un desembolso de 221.990 euros, que aporta a Deputación integramente, consistirán na ampliación da plataforma da ponte que atravesa o río Rebardille, dotándoa dun ancho acorde co resto do vial, que fue recentemente ampliado ata os 6 metros de ancho pero quedara pendente esta reforma do tramo da ponte.