CURSOS DE PIRAGÜISMO NO LAGO DE AS PONTES
Os únicos requisitos son ter máis de 8 anos e saber nadar.
Para apuntarse hai que cubrir o impreso que podes descargar aquí ou recoller nas oficinas do club no pantano, unha foto e fotocopia do DNi.
A foto e fotocopia do DNI a podedes envíar escaneada ao correo [email protected], indicando claramente nome e apelidos do cursillista.
O custo para non socios é de 25€ por mes ou 40€ polos dous meses.
Para socios do Grupo Xuvenil a inscrición é gratuíta.
Horarios
O horario será de 10:30 a 13:00 horas.
En función do número de participantes e o seu domicilio poderá facerse unha ruta de recollida en furgoneta.
Recomendacións
Recomendase levar a seguinte ropa:
- Bañador ou mallas de licra,
- Camiseta (que seque facil, ideal licra de manga curta),
- Chanclas ou escarpíns de neopreno,
- Toalla,
- Chandal ou ropa deportiva e zapatillas deportivas,
- Protector solar é recomendable, aínda que non sempre sae o sol
Todos os participantes no cursiño levarán chaleco salvavidas que lles proporcionará o club.
Outra información.
A todos os participantes se lles tramitará a licencia federativa que inclúe seguro de accidentes e permite participar en competicións.
A licencia en caso de menores de 14 anos a paga o club.
Durante o mes de agosto os nenos e nenas que así o desexen poderán participar nas competicións do club, sempre de forma voluntaria. A competición non e obrigatoria, pero é divertida.