]RTVEume| Outra entidade local que tamén regresa á rutina coa chegada do outono é a irmandade As Pontes – Lesneven – Carmarthen, que xa ten aberto o prazo para anotarse nos seus cursos de inglés e francés para adultos e escolares.

O vindeiro 1 de outubro arrincarán as clases de inglés de perfeccionamento en horario de 20:00 a 21:30h, mentras que as de iniciación terán lugar os martes no mesmo horario. No tocante ao curso de francés, éste tamén contará con dous grupos o de iniciación con clases os luns de 20:00 a 21:30h e o de perfeccionamento os mércores, tamén de 20:00 a 21:30h da noite.

Como é habitual, tanto as clases de inglés como de francés desenvolveranse na aula do soto da Casa Dopeso sendo necesario un mínimo de 6 alumnos para que se imparta cada curso.

Os interesados en obter máis información ou ben en matricularse poden enviar un correo electrónico [email protected] ou ben telefonar ao 662 393 596, denantes do vindeiro día 30.

Pero ademáis de iniciar unha nova tempada de clases de inglés e francés, dende a irmandade As Pontes – Lesneven – Carmarthen tamén se está a traballar nunha nova edición do intercambio anual coa vila bretona de Lesneven e que se desenvolverá entre os días 2 e 12 de agosto do ano que vén.

Os interesados en obter máis información sobre esta expedición, que celebrará no 2016, o seu 25 aniversario tamén poden contactar coa directiva da entidade mediante o 662 393 596 ou por correo electrónico no enderezo [email protected].