[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]

As Pontes, 3 de Xuño de 2016. A Aula CeMIT programa dúas activades para Xuño

Horario da Aula

Luns a xoves: 10:00 a 14:00 e 15:30 a 19:00

Venres: 09:00 a 14:00.

Neste horario calquera persoa pode visitar a aula, xa sexa co obxectivo de consultar as súas dúbidas acerca das novas tecnoloxías ó axente TIC (tanto de ordenadores como de móbiles ou tablets), ou para facer uso dos equipos con conexión a Internet dispoñibles na aula.

Oferta formativa

Neste mes de xaneiro a aula convoca dous novos cursos de formación relacionados coas novas tecnoloxías.

O día 14 dará comezo, o curso de “Iniciación á informática e Internet” en horario de 10:00 a 12:00, de martes a xoves, cunha duración total de 30 horas. Partindo dende cero instruirase o alumnado no uso básico do ordenador, a busca por Internet e o correo electrónico.

Tamén neste mismo día 14 comezará o curso “Dalle vida as túas fotos antigas”. Nesta actividade aprenderemos a dixitalizar fotos antigas en blanco e negro, correxir os erros que poidan ter (dobreces do papel, problemas de brillo/constraste…) e darémoslle cor para proporcionarlles nova vida. Este curso terá un horario de 12:00 a 13:30 de martes a xoves, cunha duración de 12 horas.

Dende Aula CeMIT das Pontes queremos instar a calquera que esté interesado en cursos relacionado cas novas tecnoloxías a que fagan suxerencias para a realización de novas actividades que sean do seu interés, xa sexa a traves do correo electrónico cemit.aspontes@xunta.es ou achegándose persoalmente ata casa Dopeso.

Para inscribirse nos cursos ou para solicitar máis información sobre eles poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.gal.

Tódolos cursos que se celebran na Aula son gratuítos.

[/fusion_text][imageframe lightbox=”yes” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/fullwidth]