As Pontes, 15 de xaneiro|Aquí Uganda chega ás Pontes o sábado 3 de febreiro de 2018. Unha explosiva mestura de voces, ritmos e danzas tribais con máis de 20 artistas no escenario. O evento celebrarase no Cine Alovi ás 20:00 h e a entrada será libre ata completar aforamento. Retirada de invitacións na taquilla do Cine Alovi o venres 2 de febreiro de 19:00h a 20:30h e o sábado 3 de febreiro de 12:00h a 13:30h e a partir das 19:00h.

Proxecto música para salvar vidas

Uganda Natumayini é un coro composto por unha vintena de mozos e mozas procedentes dos barrios máis pobres de Kampala (Uganda). Creceron e formáronse no orfanato de música para Salvar Vidas, un proxecto de axuda a nenos e nenas orfos de Uganda para crecer e aprender a través da música e a danza, co fin de atopar un futuro no seu propio país. A maioría deles continúan nese proceso de formación mentres que algúns dos maiores atoparon xa unha oportunidade formando parte de grupos de artistas consagrados como Aba Taano o Af Ndanza.