As Pontes, 1 de agosto de 2024.  Tras os acontecementos sucedidos no día de onte, no que o edil de Urbanismo, Antonio Alonso presentaba a súa dimisión e a súa renuncia a acta de concelleiro ante a situación xudicial na que que se veu inmerso nos últimos días, o Concello das Pontes quere amosar o seu absoluto respecto á decisión persoal de Antonio Alonso de dimitir e defender a súa inocencia e honorabilidade así como evitar posibles interferencias no normal funcionamento do Concello das Pontes.

Desde o Concello das Pontes, condenamos, de forma categórica, calquera tipo de violencia machista, defendemos de forma contundente a igualdade entre mulleres e homes e amosamos o noso apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

Así mesmo, desde Concello das Pontes defendemos a presunción de inocencia e agardamos que a xustiza faga o seu traballo, investigue a situación e se aclaren os feitos que se denuncian.

Por outra banda, a acta de concelleiro de Antonio Alonso Román será recollida por Manuel Rodríguez López.