A Concellería de Industria, Promoción Económica, Comercio e Hostalaría a través do IPPEC da por finalizadas dúas accións formativas a desenrolar durante o mes de abril.

 O primeiro curso formativo foi o de Visual Merchandising “Dándolle unha voltiña”, tendo como destinatarios ao sector comercial  no que  durante 10 horas os alumnos formáronse en aspectos como a Innovación e Visual Merchandising, a comunicación e fidelización de clientes, as posibilidades do negocio así coma obter información con grandes exemplos e casos de éxito.

O Concello trata de impulsar unha vez máis o tecido comercial local, intentando a través desta acción formativa impulsar a súa mellora competitiva a cal contribuirá na mellora do desenrolo económico e social do municipio.

 O segundo curso formativo foi “O Plan de Empresa”, tendo como publico obxectivo a persoas que están a desenrolar unha idea empresarial e en aras de analizar a viabilidade dos proxectos. Os contidos do curso enmarcaron a realización integral dos aspectos básicos a ter en conta para a realización dun plan de empresa, formas xurídicas, tramites de constitución, estudios de mercado, recursos humanos, clientes, provedores etc. Este curso que se ven realizando xa dende varios exercicios convertese  nun dos máis demandados polos usuarios do servizo, conforma unha ferramenta máis de apoio a emprendedores, xa que xunto coas titorías de atención personalizadas é as axudas municipais a creación de empresas, fan un entorno máis favorable para a xeración de autoemprego como alternativa laboral.