[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| Cinco empresas da nosa vila competirán mañá por lograr o IV premio Ferrolterra Emprende que cada dous anos convoca a Asociación de Xoves Empresarios de Ferrolterra, AJE.

La Musa de Dalí, Estrella Pontesa, Intacta, NG Gourmet e Wololot Comunicacións son os cinco proxectos empresariais da nosa vila que loitarán por facerse con este galardón ao que tamén optarán outras cinco iniciativas de Narón, dúas de Ferrol e unha de As Somozas, representando sectores tan dispares coma o medio ambiente, as nova tecnoloxías, as redes sociais, as telecomunicaciones, os sectores da moda ou da hostalería, a alimentación e bebidas, a estética ou a prevención de riscos e emerxencias.

ESTRELLA PONTESA: Elaboración, fermentado, envasado e almacenado de cervexa artesanal.
INTACTA: Empresa dedicada ó deseño, construción e explotación de infraestruturas medio ambientais.
LA MUSA DE DALÍ: Empresa dedicada á fabricación de bolsos e todo tipo de accesorios con coiro e outros materiais, sengundo marquen as tendencias de moda.
NG GOURMET: Tenda online especializada na venta de produtos gourmet ou delicatesen típicos de Galicia e do resto de España.
WOLOLOT COMUNICACIÓNS: Empresa dedicada ó servizo de telecomunicacións, internet rural, telefonía fixa e móbil en calquera lugar.

Nunha gala que arrincará ás 8.30 do serán no edificio Afundación do Cantón de Molíns, membros da xunta Directiva de AJE e representantes de entidades públicas e privadas patrocinadoras do evento escollerán o nome dos mellores proxectos presentados a este concurso, e que levarán un premio de 3.000 euros en formación na Escola de Negocios de Afundación, ademáis da súa incluisión na candidatura dos premios Galicia Emprende; un galardón co que se fará tanto o primeiro proxecto clasificado coma o  escollido polo propio xurado do certame e que xa desfrutaron Prometal, Xaraleira ou Blindaxe Sport, en edicións anteriores.

AJE Ferrolterra convoca cada dous anos estes premios coa fin de poñer en valor o talento dos emprendedores das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, ao tempo que reclaman o apoio de todas as institucións a este colectivo como protagonistas e responsables da dinamización presente e futura da economía destas tres comarcas.

[/fusion_text][/fullwidth]