As Pontes, 13 de decembro| Un ano máis se celebra unha nova edición do Campus Lago das Pontes. Este campus está organizado polo Club Baloncesto As Pontes desde o 2010 e patrocinado polo Concello das Pontes. Celebrarase do 27 ao 30 de decembro, un total de catro días cun horario de 10:00 a 19:30h.
Impartirase en 3 pavillóns das Pontes: Pavillón Municipal, IES Castro da Uz e CPI Monte Caxado.
A súa finalidade é a mellora da técnica e táctica individual e colectiva dos xogadores. Admítense xogadores desde 6 a 18 anos que se distribuirán en grupos segundo as súas capacidades ata un máximo de 70 en total.
A dirección técnica está a cargo de Chiqui Barros coa axuda de Héctor Piñeiro.
Conta cos seguintes adestradores e colaboradores confirmados:
– Roberto Carlos Martínez, adestrador de baloncesto
– Manolo Dacosta, adestrador de baloncesto
– Alberto Rodríguez “Chufi”, adestrador e director deportivo do Xuven de Cambados
– Juanjo Martínez, Árbitro ACB (Colexio Castelán-Leonés)
– Samuel Barros, xogador do Narón EBA e selección española Ou18-3X3
– Sonia Caaveiro Fornos, adestradora do C.B. As Pontes
– Elena López Seco, adestradora do C.B. As Pontes
– José Antonio Valcárcel González, adestrador do C.B. As Pontes
– Javier Barcón Vázquez, adestrador do C.B. As Pontes
O horario de actividades é o seguinte:
-10:00 CHEGADA ao PAVILLÓN.
– 10:15 CHARLA OBXECTIVOS DO DÍA
– 10:30 a 12:00 ADESTRAMENTO GRUPOS
– 12:00 a 13:00 COMPETICIÓNS-HABILIDADES, TIRO, 1X1, 3X3.
– 13:00 a 13:30 ASEO E DUCHA.
– 13:45 a 14:30 COMIDA.
– 14:30 a 15:45 TEMPO LIBRE / VÍDEOS
– 15:45 a 16:30 EXPOSICIÓN CONVIDADO
– 16:30 a 17:45 ADESTRAMENTO ESPECÍFICO.
– 17:45 a 18:30 COMPETICIÓNS.
– 18:30 a 19:00 ASEO E DUCHA
– 19:30 ENTREGA DE MERENDAS E DESPEDIDA.
O día 30 (último día), o horario da tarde varía:
– 15:45 a 16:00 EXPOSICIÓN CONVIDADO
– 16:00 a 17:30 FINAIS DE COMPETICIÓNS.
– 17:30 a 18:00 ASEO E DUCHA
– 18:30 a 19:30 CERIMONIA DE CLAUSURA EN AUDITORIO CASA DOPESO
– 19:30 ENTREGA DE MERENDAS E DESPEDIDA.
* A cerimonia de clausura está aberta ao público.
Podes descargar aquí o boletín de inscrición: DESCARGAR