As Pontes, 31 de xaneiro| O vindeiro domingo dia 4 de febreiro de 2018, nas instalacions do polideportivo municipal de As Pontes ás 9.30 horas, terá lugar o Campionato arriba mencionado nas categorias Senior e Para karate e nas modalidades de Kata individual en Para karate e nas modalidades de Kata e Kumite individual na categoria Senior.
O mencionado Campionato está organizado pola Federacion Galega de Karate e D.A. coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e Deporte Galego e patrocinado polo Concello de As Pontes
No devandito evento participan un total de 50 deportistas pertencentes a 13 clubs da autonomía galega dos que se formará a selección para representar a Galicia no vindeiro Campionato de España Senior e Para karate a celebrar en Sevilla o 24 e 25 de marzo de 2018.
Relacion de clubs participantes:
AKAI RYU | Negreira (A Coruña) |
KARATE-DO CARBALLO | Carballo (A Coruña) |
KARATE CLUB MACEDA | Maceda (Ourense) |
CLUB KARATE ORTIGUEIRA | Ortigueira (A Coruña) |
RIVER STONE | O Barco (Ourense) |
SHIHAN | Lugo (Lugo) |
CLUB SAN FCO. TEO | Os Tilos-Teo (A Coruña) |
E.S.K. NARON | Narón (A Coruña) |
RENBUKAN | Ferrol (A Coruña) |
BUNKAI | Ferrol (A Coruña) |
A.D. O COTO | Negreira (A Coruña) |
ZANSHIN VIGO | Vigo (Pontevedra) |
J.K. | A Coruña (A Coruña) |