[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| Outro dos sinais que nos indican que xa temos o Nadal en todos os recunchos é a campaña Merca Nas Pontes, posta en marcha pola Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes, o Concello mediante o Instituto Pontés de Promoción Económica e a asociación informática Amigus

Para este 2015, optouse por incluír novidades nesta tradicional iniciativa dirixida a incentivar as compras no comercio de proximidade. De feito a primeira pasa pola mecánica da campaña, xa que pasamos das típicas rifas a unha papeleta que deberá ser cuberta con catro selos: tres deles dalgún dos 55 comercios participantes e outro dun dos nove locais de hostalería que toman parte na campaña.

De feito, esta é a segunda novidade: a inclusión do tecido hostaleiro local.

Unha vez cuberta a papeleta con estes catro selos e os respectivos datos, o seu titular deberá depositala nas urnas coas que contará cada establecemento participante e xa, tralo día de Reis, entrará no sorteo de tres premios de mil euros cada un.

Tendas de deportes, de agasallos, xoierías, zapaterías, perfumerías, establecementos de moda, florerías, ópticas, centros veterinarios e ata comercios adicados á venda de golosinas, todos eles afincados na nosa vila, se animaron a tomar parte nesta campaña e que nos permitirán optar por orixinais ideas para mercar os nosos agasallos de Nadal, sen ter que abandoar o noso municipio e, asemade, respaldar o tecido comercial e hostaleiro local que tantos postos de traballo mantén na nosa vila.

[/fusion_text][imageframe lightbox=”no” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/fullwidth]