As Pontes, 14 de setembro|
Obxecto da convocatoria
A presente convocatoria ten por obxecto a selección de nenos e nenas do Concello de As Pontes que participarán no Obradoiro “ Inglés de conversación” e convócanse un total de 45 prazas.
Destinatarios/as
Poderá participar no obradoiro o alumnado, empadroado no Concello de As Pontes, matriculado en Educación Primaria (2016/2017). Os horarios serán os seguintes:
• 1º e 2º primaria: martes e xoves de 17:15h -18:00h
• 3º e 4º primaria: martes e xoves de 18:00h -18:45h
• 5º e 6º primaria: martes e xoves de 18:45h –19:30h
Desenvolvemento do Programa
O programa desenvolveranse en horario de tarde, no Colexio Santa María. O número de alumnos/as será de 45 distribuídos en 3 grupos de 15 alumnos/as.
As Faltas de asistencia á clase deberán quedar perfectamente xustificadas polas/os nais/pais do alumnado dentro dos cinco días naturais seguintes á falta. Non se admitirá fora deste prazo ningunha xustificación. No caso de producirse tres faltas no trimestre sen xustificar pasarase a ofertar a praza o seguinte alumno/a da lista de espera. A efectos de xustificación consideraranse algunha das seguintes circunstancias e emisores da xustificación:
• Enfermidade: xustificante médico.
• Asistencia a algunha actividade do centro escolar onde está matriculado: excursión, exame…: Informe da dirección do centro.
Con carácter excepcional estudaranse outros casos de difícil xustificación.
Sorteo
No caso de que a demanda existente fose superior ás prazas convocadas a selección do alumnado será mediante sorteo público o cal realizarase na aula polivalente Casa Dopeso o día 26 de setembro ás 10 horas.
Inicio
O inicio do programa será o día 27 de setembro
Toda vez que o programa este en funcionamento non se admitirá ningún cambio de horario.
Prazo de solicitudes
Entre o 15 e o 21 de setembro no departamento de Servizos Sociais (Casa Dopeso 2º andar).
Ver bases: VER
Solicitude: DESCARGAR